Convenios

En xullo de 2025 a Asociación de Empresas Ribeira Sacra Next asina convenio con AEMOS, Asociación de Empresarios de Mos, para que as empresas asociadas teñan acceso á tecnoloxía INSERE. Trátase dunha plataforma de xestión de emprego que facilitará o acceso aos profesionais que se precisan nos diferentes sectores.
INSERE permite ás empresas socias dispoñer dunha plataforma tecnolóxica avanzada para potenciación, captación e retención de talento na comarca. Deste modo articularase unha canle áxil para a xestión de emprego e detectar as necesidades de desenvolvemento e cualificación profesional.
Asóciate e contribúe ó desenvolvemento da Ribeira Sacra
Ao asociarte, contribúes ao desenvolvemento da Ribeira Sacra e á creación de emprego sostible que fortalece o territorio e dá futuro ás novas xeracións.
Faite socio
Newsletter RSNext
Subscríbete á nosa newsletter para estar ao día das nosas novidades